Belako volve a Galicia cunha xira chea de novidades

Belako está de volta. Tres anos despois de Sigo Regando, a banda vasca anuncia novo disco —que sairá o 2 de outubro sen ningún adianto previo— e unha xira enorme que inclúe seis paradas en Galicia dentro dun roteiro de máis de 30 concertos por España, México, Alemaña e máis países.

O tramo galego arrinca o 29 de outubro no Club Clavicémbalo (Lugo), segue o 30 na Krazzy Kray (Cambados) e o 31 na MasterClub (Vigo). A semana seguinte tocarán o 6 de novembro na Garufa Club (A Coruña), o 7 na Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro) e pecharán o 8 de novembro na Capitol (Santiago).

As entradas xa están dispoñibles por 18€ (gastos incluídos) en enterticket.es e en belakoband.com.

About The Author

Por Solirock

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo