O final dunha era xa ten data. Megadeth, unha das bandas máis grandes e influentes da historia do metal, confirma a súa xira de despedida, poñendo punto final a 43 anos marcando o rumbo do thrash mundial baixo o liderado do incombustible Dave Mustaine. Un adeus definitivo a unha institución do xénero e membro do mítico Big Four.
España será protagonista deste capítulo final con tres concertos únicos, tres oportunidades irrepetibles para despedirse dunha banda que deixou himnos eternos e un legado imposible de igualar.
PREVENDA (Resurrection Fest EG 2026): martes 20 de xaneiro ás 10:00
VENDA XERAL: xoves 22 de xaneiro ás 10:00
Datas confirmadas – Gira de Despedida Megadeth 2026
25 maio 2026 – Valencia – Roig Arena 27 maio 2026 – A Coruña – Coliseum 29 maio 2026 – Bilbao – Bizkaia Arena (BEC!)
Estes tres shows repasarán toda a carreira da banda cun setlist cheo de clásicos e servirán tamén para presentar o seu 17º e último disco, homónimo, que verá a luz nos próximos días e que pecha unha discografía lendaria.
Megadeth chegará ademais con dous convidados especiais, que se anunciarán en breve, reforzando o carácter histórico destas datas.
Non é unha xira máis. Non é un aniversario. É a última vez.
Tres cidades. Tres noites. A despedida definitiva dunha das bandas máis grandes da historia do metal.