Fillas de Cassandra dan o salto a La Riviera e anuncian unha xira internacional

Fillas de Cassandra seguen imparables. Tras estrear Tertúlia en Pontevedra ante máis de dúas mil persoas e converter o Recinto Feiral nunha auténtica praza pública, o dúo vigués confirma o seu concerto máis ambicioso ata o momento: o 6 de novembro actuarán na mítica sala La Riviera de Madrid.

O seu vínculo con Madrid fala por si só: Siroco en 2023, El Sol en 2024, Ochoymedio en 2025… e agora La Riviera, un salto histórico para a música en galego na capital. Alí presentarán Tertúlia, un disco que entrou directo no Top 30 de vinilos máis vendidos do Estado.

Unha xira que cruza fronteiras

Xunto ao anuncio de Madrid, o dúo revela as primeiras datas dunha xira internacional que as levará por Sabadell, Xixón, Praga, Mozambique, Portugal ou Xaén, entre outros escenarios. A súa electrónica de vangarda e o seu discurso poético e combativo seguirán viaxando por festivais e salas de Europa e África.

‘Tertúlia’: o novo capítulo

O seu segundo LP, Tertúlia (Altafonte, 2026), producido por María SOA, Sara Faro e Çantamarta, expande o seu universo sonoro cunha electrónica que vai do ambient aos ritmos rotos. O álbum inclúe colaboracións con Abraham Cupeiro, Ede, Pipiolas e Zetak.

Primeiras datas da xira ‘Tertúlia’

  • 15 maio – Festival Embassat (Sabadell)
  • 16 maio – Vibra Mahou (Xixón)
  • 21 maio – Iberian Waves (Praga)
  • 28–31 maio – Bushfire (Maputo, Mozambique)
  • 27 xuño – Festival N2 (Chaves, Portugal)
  • 9 xullo – Portamérica (Portas)
  • 16 xullo – Etnosur (Xaén)
  • 6 novembro – La Riviera (Madrid)

About The Author

Por Solirock

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo