Escuchando Elefantes publica ARDER, o seu primeiro sinxelo en galego

ARDER ven acompañado dun videoclip

Escuchando Elefantes dá un paso importante na súa traxectoria e publica ARDER, o seu primeiro tema orixinal en galego. O sinxelo, dispoñible desde este venres 15 de maio, é unha peza de folk rock intensa e emotiva na que o dúo aborda a realidade dos incendios forestais en Galicia, empregando o lume como metáfora da forza que tamén consume por dentro a quen crea.

Tras 20 anos de carreira, Sílvia Rábade e Carlos Tajes regresan cunha canción profundamente emocional, lanzada coincidindo co Día das Letras Galegas. O tema chega acompañado dun videoclip no que participan Xosé A. Touriñán, María Vázquez, Ledicia Sola, o corpo de bombeiros da Coruña, un coro de cantareiras e preto dun cento de persoas anónimas, unidas para cantar o retrouso como un himno colectivo: xuntos temos máis forza que calquera incendio.

Un videoclip que percorre Galicia

O vídeo, que se estrea este venres ás 15:30 h no seu YouTube, percorre localizacións de toda Galicia: Costa da Morte, Arteixo, Lalín, Ourense, Pontevedra, Lugo, Belesar, Cambre, Culleredo, Cidade da Cultura, Fervenza do Toxa, Illa Pancha, Combarro, Illa de Arousa, o Parque de Bombeiros da Coruña e rúas da cidade herculina.

Unha homenaxe visual á beleza e á ferida do territorio, e ao espírito galego de resiliencia, música e unión fronte á catástrofe.

Letra ARDER
Espertei sen medo a encontrarme
Para en tempo volver a empezar
Cada paso que dou para diante
Son varios que dou para atrás.
Porque foi tan fácil nacer
Nesta terra que non para de arder.
Porque é tan difícil correr
A sitios que non podo ver,
A sitios que non podo ver.
Que a noite nos pille bailando
E que non pare de chover por aquí.
Porque somos felices cantando
E hai pouco máis que dicir.
Queda pouco máis que dicir.
Dende a auga levoume a marea.
Non vexo máis que pedazos de min.
O lume que
non quere dar tregua
Canta torpe e cruel o meu sentir.
O tempo que non quero perder
Agarra e levántame a pel.
Non hai nada que poida esconder
Nesta terra que non para de arder,
Nesta terra que non para de arder.
Que a noite nos pille bailando
E que non pare de chover por aquí.
Porque somos felices cantando
E hai pouco máis que dicir.
Queda pouco máis que dicir.
E que a noite nos pille bailando
E que non pare de chover por aquí.
Porque somos felices cantando

E hai pouco máis que dicir.
Queda pouco máis que dicir.
E que a noite nos pille bailando
E que non pare de chover por aquí.
Porque somos felices cantando
E hai pouco máis que dicir.
Queda pouco máis que dicir.

About The Author

Por Solirock

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo