A Xira Vibra Mahou de Shinova pasará por Santiago de Compostela no outono

Shinova incorporan unha nova parada en Galicia tras colgar o cartel
de sold out na súa última visita o pasado mes de abril

Continúan presentando “El Presente”, un traballo co que conquistaron
ao público ata converterse nun dos discos do ano

La plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas cuenta por
primera vez en su historia con tres giras en un mismo año,
reafirmando así su compromiso con la música en directo

Las entradas pueden comprarse Aquí

Vibra Mahou continúa impulsando o directo de artistas nacionais polas salas españolas da man da Xira Vibra Mahou. Shinova, protagonistas dun dos tres tours deste
ano, comezaron a súa andaina por distintas salas do noso país no mes de abril
pasando por cidades como Lugo. A banda, que fixo sold out para
todas as súas paradas da xira, incluída a da sala lucense, suma agora unha
nova data en Galicia o 1 de novembro na Sala Malatesta, en Santiago
de Compostela
. Así, con esta xira, Vibra Mahou impulsa as
experiencias cinco @estrella ao redor da música en directo.

Tras conseguir colgar o cartel de ‘non hai entradas’ na totalidade das
datas do tour, incluíndo o gran fito que alcanzaron obtendo un
triplo sold out na Sala A Riviera en Madrid, onde actuarán tres noites
consecutivas en novembro, a Xira Vibra Mahou de Shinova amplíase ata
sumar un total de 14 datas, entre elas, unha nova cita na capital de Galicia
(Sala Malatesta) o día 1 de novembro.

Vibra Mahou, que conecta artistas e público xerando encontros en torno ao
directo, amplía datas da súa segunda Xira Vibra Mahou do ano xunto a Shinova,
que o pasado marzo lanzou novo álbum, “El Presente”, un traballo co que
conquistaron ao público ata converterse nun dos discos do ano
grazas ás súas melodías épicas que tanto lles caracterizan.

NOTA DE PRENSA
Os fans que gocen do tour escoitarán en directo os temas máis aclamados
da historia da banda, como “La sonrisa intacta” ou “Te debo una canción”, ademais de todas as novidades do seu novo disco, como “Alas”,
“Berlín” ou “Lobos” sempre xunto a esa nova enerxía que os levou tan
lonxe. Boa mostra diso foi o encontro cinco @estrella xunto a Rozalén
sobre o escenario da décima edición de Cómplices Vibra Mahou na sala A
Riviera de Madrid,
onde encandearon ao público que abarrotou a sala.


Tras seis álbums de estudo nos que souberon facer bailar ao público
transmitíndolles a súa visión do mundo e sentimentos máis profundos, chegarán
cun novo álbum que promete optimismo e novos comezos. Estes “Gigantes”
biscaíños han deixado de crer en “La buena suerte” para
centrarse en “El Presente” e espremelo ao máximo.


Shinova entra por méritos propios á historia da Xira Vibra Mahou, e faio
tomando a substitución de Dani Fernández, o artista protagonista do tour do
ano pasado. O ciudadrealeño congregou a máis de 12.000 fans e alcanzou un sold
out completo nas 14 paradas da Xira Vibra Mahou 2023. A banda vasca
aspira a superar eses números na que é unha das tres viras Vibra Mahou
deste 2024.
Belén Aguilera e Besmaya son os outros artistas que saíron
este ano á estrada da man da plataforma de música de Mahou Cinco
@Estrella.

Esta xira é xa todo un clásico para Mahou, que vai evolucionando coa
actualidade musical e que durante estes anos apoiou o directo de artistas
de primeira liña como Leiva, MClan, Iván Ferreiro, Sidecars, Miss
Caffeina, Arde Bogotá, Dani Fernández, Carolina Durante ou Zahara,

todos eles protagonistas da Xira Vibra Mahou nalgunha das súas últimas
edicións.
Vibra Mahou reafirma así o seu compromiso co directo e continúa
conectando artistas e público, apoiando centos de experiencias cinco
@estrella. Esta plataforma abarca desde o patrocinio de grandes festivais
como Mad Cool, Sonorama, Xardín das Delicias, Tomavistas ou Tsunami Xixón,
o apoio ás xiras nacionais de artistas de diferentes correntes musicais ou
concertos no circuíto habitual de salas de distintas cidades de España.

As entradas para o concerto da Xira Vibra Mahou de Shinova xa poden
adquirirse aquí.

VibraMahou

@vibramahou
Concerto de Shinova en Santiago de Compostela
Lugar: Sala Malatesta (Rúa de San Lourenzo, 51-53,
15704 Santiago de Compostela)
Data: venres 1 de novembro
Hora: 20:30 h

About The Author

Por Solirock

Un comentario sobre «A Xira Vibra Mahou de Shinova pasará por Santiago de Compostela no outono»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo