BIGSOUND Pontevedra inicia unha nova etapa e faino cun primeiro avance de cartel que apunta alto. A segunda edición do festival, que se celebrará os días 17 e 18 de xullo de 2026 na beira do Río Lérez, confirma un line-up encabezado por Nathy Peluso, Juan Magán, Ana Mena, Beret e Luck Ra, xunto a Natalia Lacunza, Nil Moliner, Besmaya, Despistaos, Lucho RK e Mafalda Cardenal.
Tras situarse no Top 5 de festivais de Galicia e reunir máis de 35.000 asistentes en 2025, BIGSOUND Pontevedra regresa cunha proposta que combina grandes regresos, exclusivas e novas promesas da música urbana, pop e latina.
A venda xeral de abonos estará dispoñible o luns 22 de setembro ás 12:00 h en bigsoundfestival.com.
Un festival en expansión: Pontevedra, Valencia, Sevilla… e novas sedes en camiño
BIGSOUND chega a 2026 nun momento de crecemento histórico. Tras celebrar o seu V Aniversario en Valencia, consolidar a segunda edición de BIGSOUND Sevilla e estrearse con éxito en Pontevedra, o festival confirma que volverá á cidade en xullo de 2026.
Ese mesmo verán celebraranse tamén:
- BIGSOUND Valencia (26 e 27 de xuño, Cidade das Artes e as Ciencias)
- BIGSOUND Sevilla, dentro do Icónica Santa Lucía Fest (datas por anunciar)
E isto é só o principio: BIGSOUND sumará novas sedes en 2026, reforzando a súa posición como referente indiscutible da música urbana en España.
Organizado por BIGSOUND e PlayPlan, en colaboración co Concello de Pontevedra, o festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e dos Concertos do Xacobeo.
Un debut histórico en 2025
A primeira edición de BIGSOUND Pontevedra superou todas as expectativas:
- 35.000 asistentes
- 14 millóns de euros de impacto económico
- 1.300 profesionais mobilizados
A cidade abrazou o festival con entusiasmo, converténdoo no maior acontecemento musical dos últimos anos e situándoo entre os 5 principais festivais de Galicia.
O debut contou con nomes como Nicky Jam, Rels B, Juan Magán, Omar Montes, Amaia, Tanxugueiras, Abraham Mateo, Ptazeta, La Zowi, Luck Ra, Julieta, Marc Seguí, DePol, María Escarmiento, ademais de propostas galegas como Sabela, LODE e Soulmacklein.
Primeiro avance 2026: diversidade, exclusivas e talento en expansión
BIGSOUND Pontevedra presenta unha primeira ola de confirmacións tan popular como diversa (A–Z):
Ana Mena, Beret, Besmaya, Despistaos, Juan Magán, Luck Ra, Lucho RK, Mafalda Cardenal, Natalia Lacunza, Nathy Peluso e Nil Moliner.
A beira do Lérez converterase de novo na capital musical de Galicia con dous días nos que o pop, o urbano e os ritmos latinos serán protagonistas.
E isto é só o comezo: o festival anuncia que quedan moitas sorpresas por desvelar, incluíndo unha destacada presenza de artistas galegos e talento local.
Regresos estelares e voces internacionais
- Nathy Peluso ofrecerá a súa única data en Galicia en 2026, nun concerto exclusivo que promete ser un dos grandes momentos do verán.
- Juan Magán regresa tras arrasar en 2025, preparado para converter Pontevedra nunha pista de baile.
- Luck Ra, fenómeno viral da nova xeración latina, volve con outra data exclusiva en Galicia.
- Ana Mena presentará a súa nova xira, nunha das primeiras datas en España.
- Beret chega nun dos mellores momentos da súa carreira, presentando Lo Bello y lo Roto.
Novas voces e promesas que amplían o universo BIGSOUND
- Natalia Lacunza, referente do pop alternativo.
- Nil Moliner, fenómeno do pop español actual.
- Besmaya, pop alternativo e sensibilidade xeracional.
- Despistaos, clásicos do pop-rock nacional.
- Lucho RK, nova ola urbana desde Canarias.
- Mafalda Cardenal, unha das grandes promesas do pop español contemporáneo.
A conta atrás para 2026 xa comezou
BIGSOUND Pontevedra prepara unha edición que promete ser o gran evento musical do verán en Galicia. Os abonos estarán dispoñibles o luns 22 de setembro ás 12:00 h en bigsoundfestival.com.