Silee publica Orballo tras entrar no Top 20 das cancións máis virais de España

O artista galego Silee está a vivir o seu mellor momento. Despois de colocar Milajros de Amil no posto 18 das cancións máis virais de España en Spotify, o músico celebra o éxito cun novo sinxelo: Orballo.

Este novo tema chega como unha cumbia íntima e emocional na que Silee fala dos seus medos, da perseverancia e de todo o que está a cambiar na súa vida grazas ao impacto do seu primeiro adianto discográfico. Orballo é tamén unha homenaxe a toda a xente que o acompañou desde o principio: unha pausa para respirar, abrirse e contar o que leva dentro.

Unha cumbia feita con garfo, prato e moita verdade

O tema, autoproducido polo propio artista, naceu da idea de crear unha cumbia a partir dun garfo e un prato como base rítmica, xogando con sintetizadores ata atopar un son que o emocionou tanto que a letra saíu soa.

O sinxelo chega acompañado dun videoclip gravado en Bueu e Aldán, dirixido polo propio Silee xunto a Ángela Gestido e Christian Arcos, reforzando a súa aposta por coidar tanto o musical como o visual.

O fenómeno de Milajros de Amil

Dous meses despois do seu lanzamento, Milajros de Amil segue medrando e achegándose ao medio millón de reproducións. O tema entrou no Top 50 viral de España compartindo lista con nomes como Quevedo, Olivia Rodrigo, The Chemical Brothers ou Michael Jackson.

Silee convértese así no terceiro artista en galego en entrar nesta lista en 2026, xunto a LG1DO e The Rapants.

O propio artista recoñece que está a vivir algo inesperado:

“É unha tolemia ver outra canción en galego entre as máis virais. Dá orgullo ver onde está a música galega agora mesmo. Aínda non asimilei todo o que está pasando arredor de Milajros de Amil”.

About The Author

Por Solirock

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo