MALFINDE é a banda que recolle a testemuña e as cancións de CHALECO REFLECTOR, a prometedora banda de redondela que agora, un par de anos despois, crece e reorganízase con novo nome, novos obxectivos musicais máis serios e, á vez, máis ilusionantes.

Despois de lanzar a canción ”Joe Burgerchallenge” no mes de maio en homenaxe a un dos seus youtubers favoritos, MALFINDE atrévense agora cunha nova canción electrizante e chea de novos elementos sonoros, tanto contemporáneos como ochenteros, que apuntan na dirección da experimentación e a procura de novas fórmulas para contar o que saben contar.
“Todas as noites” é o novo sinxelo que volve colocar a Malfinde nas plataformas, canción que lles permite lembrar as experiencias que xa forman parte das súas vidas en forma de tatuaxes emocionais que sempre lles acompañarán.
Tanto a canción como o videoclip que se publica simultaneamente en Youtube, foron realizados en colaboración coa Universidade de Vigo e o seu Título de Especialista en Industria musical.
Artista: MALFINDE
Canción: TODAS LAS NOICHES
Producido por: Javier Abreu
Gravado en: Estereoarte estudos, Vigo
Links spoti: https://open.spotify.com/track/66cOrOrKcjOziRkEuvu0pL?se=153c55f9bcba4561
apple music: https://music.apple.com/ae/album/todas-as-noites-single/1752755155
youtube: https://youtu.be/EFUxawDx7yc
Instagram: https://www.instagram.com/malfinde__/
Para calquera info necesaria: Regalamúsica 687783214