BIGSOUND Pontevedra pecha o cartel con talento galego e presenta a programación por días

BIGSOUND Pontevedra completa o seu espectacular cartel con tres artistas galegos que representan a nova onda de talento local: Sabela, LODE e Soulmacklein. Estas incorporacións súmanse a Tanxugueiras, o grupo galego más destacado do momento, para poñer en valor o talento da terra. Con esta aposta, o festival non só reforza o seu compromiso coa escena urbana global, senón que tamén impulsa e visibiliza as voces emerxentes do panorama galego. Ademais, desvélase por fin o cartel por días, confirmando así a programación que transformará o Parque de Tafisa os días 11 e 12 de xullo de 2025 no epicentro da música urbana en Galicia.

NOVAS INCORPORACIÓNS: RAÍCES E FUTURO DO URBANO EN GALICIA

LODE
Cunha proxección imparable, LODE converteuse nunha das grandes promesas do xénero urbano nacional. Desde Narón, o cantante, compositor e bailarín conquistou ao público coa súa mestura de sons actuais e baile. Tras o seu paso por La Voz ou El Hormiguero, prepara un novo EP que presentará este ano na sala Capitol de Santiago de Compostela. En BIGSOUND Pontevedra, promete un directo vibrante que redefinirá o xénero urbano desde Galicia.

SABELA
Referente da escena pop-electrónica galega, Sabela chega a BIGSOUND como a gran embaixadora dun son que triunfa no panorama musical actual. Con éxitos como Hi, My Love ou Eu Espero Aquí, producidos xunto ao aclamado produtor Ed Is Dead, a artista presenta en 2025 un novo EP co que inaugura unha etapa na que aposta por un son máis internacional mantendo presentes as súas raíces.

SOULMACKLEIN
Pioneiro do hip hop galego e membro fundador do mítico grupo DelahojaSoulmacklein representa a memoria viva da música urbana feita en Galicia. Tras colaboracións icónicas xunto a Soprano ou Cypress Hill e actuacións históricas como a do Camp Nou ante case cen mil asistentes, está inmerso na súa carreira en solitario, lanzando o seu LP en solitario Welcome to la Isla e preparando novos traballos discográficos para 2025. O festival será unha oportunidade para descubrir a súa evolución artística.

CARTEL COMPLETO POR DÍAS: TODO O QUE VIVIRÁS O 11 E 12 DE XULLO

Venres 11 de xullo

A xornada inaugural de BIGSOUND Pontevedra será unha auténtica celebración do pop urbano, o reguetón e a fusión latina. Grandes estrelas internacionais como Nicky Jam e Maria Becerra compartirán escenario con referentes do panorama nacional como Juan MagánAbraham MateoCali y El Dandee e Marc Seguí. O talento emerxente tamén brillará con nomes como DePolLuck Ra e Sabela, mentres que a potencia da mestura entre música tradicional galega e a modernidade farase presente da man de Tanxugueiras, nunha noite que promete enerxía, emoción e unha conexión única co público.

Sábado 12 de xullo

A segunda xornada ofrecerá unha proposta máis diversa e alternativa, combinando sons urbanos globais con novas voces do pop, o trap e o rap. O carisma de Rels B e a versatilidade de Omar Montes compartirán protagonismo coa sensibilidade de Amaia e o debut en solitario de Leire Martínez. Completan o día artistas como JulietaLa ZowiMaría EscarmientoPtazetaJuanjo García DJ, e os galegos LODE e Soulmacklein, nunha xornada que poñerá o broche perfecto ao festival.

UNHA EXPERIENCIA MOITO MÁIS QUE MUSICAL

Organizado por BS Entertainment e PlayPlan, en colaboración co Concello de Pontevedra, BIGSOUND Pontevedra busca non só emocionar a través da música, senón tamén xerar un impacto positivo a nivel cultural, económico e social na rexión. Esta primeira edición será un punto de encontro para artistas, marcas, institucións e público, nunha contorna segura, sostible e inclusiva.

___ ENTRADAS ___

A conta atrás comezou e a música está a piques de escribir un novo capítulo inesquecible. Non te quedes fora do evento do ano en Galicia. Consegue os teus abonos e entradas por día en bigsoundfestival.com

Cartel venres 11:

Nicky Jam, Maria Becerra, Juan Magán, Abraham Mateo, Cali y El Dandee, DePol, Luck Ra, Marc Seguí, Sabela, Tanxugueiras, convidado sorpresa.

Cartel sábado 12:

Rels B, Omar Montes, Amaia, Julieta, La Zowi, Leire Martínez, LODE, María Escarmiento, Ptazeta, Juanjo García DJ, Soulmacklein.

About The Author

Por Solirock

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo