PortAmérica pon en marcha a conta atrás para o seu XV Aniversario, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de xullo de 2027 na Azucreira de Portas. O festival arranca a súa nova etapa coa saída á venda dos Abonos Creyentes, unha primeira quenda de entradas que chegará cun prezo especial e vantaxes para a comunidade portamericana.
A preventa exclusiva para persoas rexistradas abrirase o 29 de xullo ás 12:00 h, mentres que a venda xeral comezará o 30 de xullo á mesma hora en portamerica.es. Estes abonos terán un cupo limitado, custarán desde 70 euros e incluirán 15 euros de saldo para consumir nas barras do festival. Quen se inscriba como portamericano recibirá un enlace privado 24 horas antes da apertura da venda xeral.
Quince anos de música, gastronomía e comunidade
En 2027, PortAmérica celebrará quince anos de vida. Desde o seu nacemento en 2012, o festival foi medrando ata consolidar un modelo propio que combina música en directo, gastronomía de vangarda e unha forte conexión coa comunidade. Pasou por Porto do Molle, Caldas de Reis e, agora, a Azucreira de Portas, converténdose nun evento capaz de xerar impacto cultural, social e económico máis alá dos días de celebración.
A última edición reuniu 60.000 persoas, confirmando a dimensión dun festival que soubo construír unha identidade recoñecible e unha relación sólida co seu público. O XV Aniversario preséntase como unha celebración do camiño percorrido e como o inicio dunha nova etapa.
Recoñecemento ao apoio institucional
PortAmérica tamén quixo agradecer o apoio das institucións e patrocinadores que acompañan o festival nesta edición tan especial: Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas, Galicia Calidade, Concello de Portas, Cervezas 1906, ABANCA Live, Gadis, Ron Barceló, Montiño, Stellantis & You Vigo, Fundación PortAmérica, FNAC e Fundación Paideia Galiza. Entre os media partners, destacan Cadena SER, LOS40, La Voz de Galicia e Treintayseis.

Debe estar conectado para enviar un comentario.