O Son do Camiño 2026 xa ten datas: 18, 19 e 20 de xuño no Monte do Gozo

O Son do Camiño, o festival máis grande do norte do Estado e un dos máis recoñecidos do país, regresará en 2026 para celebrar unha nova edición histórica en Santiago de Compostela. A cita será os días 18, 19 e 20 de xuño no mítico Monte do Gozo, o único macrofestival que conseguiu facer sold out en todas as súas edicións desde o seu nacemento en 2018.

Co impulso da Xunta de Galicia a través de Concertos do Xacobeo, o festival prepara unha edición que promete volver bater récords de asistencia, impacto e calidade artística.

Un festival que non deixa de medrar

Tras anos reunindo artistas de talla mundial e miles de asistentes chegados de todas partes, O Son do Camiño xa quenta motores para anunciar os primeiros nomes do cartel de 2026. Como sempre, espérase unha programación de primeiro nivel que volverá situar Galicia no centro do mapa musical europeo.

O festival é unha produción de Bring The Noise e Esmerarte Industrias Creativas, dúas empresas galegas que continúan apostando polo talento local e por crear eventos de alcance internacional. Un festival galego feito desde Galicia, para o mundo.

A conta atrás xa comezou

O Son do Camiño 2026 está oficialmente en marcha. O Monte do Gozo volverá converterse no epicentro musical do verán galego.

About The Author

Por Solirock

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo