O Recorda Fest esgota o terceiro tramo de abonos e acelera a venda das entradas do sábado 5 de setembro

O Recorda Fest continúa avanzando cara á súa cuarta edición cun novo fito: o terceiro tramo de abonos esgotouse en pouco máis de 48 horas desde o anuncio da programación por días. Ademais, o primeiro tramo de entradas de día para o sábado 5 de setembro tamén se esgotou en apenas 12 horas, confirmando a enorme demanda para a segunda xornada do festival.

Dous días de música no Muelle de Batería: programación por días

O festival celebrarse os días 4 e 5 de setembro no Muelle de Batería da Coruña, cun cartel que combina grandes referentes da música en español con proxectos actuais e novas voces.

Venres 4 de setembro

  • Cali y el Dandee
  • Juan Magán
  • La M.O.D.A.
  • Sidecars
  • Mafalda Cardenal
  • Pavlenha
  • Recorda Sessions con:
    • Raúl
    • Natalia Rodríguez
    • Selena Leo
    • Fran Perea
    • Ella Baila Sola
    • David Civera

Entradas dispoñibles por 35 € + gastos.

Sábado 5 de setembro

  • Hombres G
  • Marlon
  • Taburete
  • Galician Army
  • Hey Kid
  • Hydn
  • Inazio
  • Artista sorpresa

Entradas dispoñibles agora por 40 € + gastos en recordafest.es.

Abonos e entradas de día: dispoñibles en recordafest.es

Seguen á venda:

  • Abonos para os dous días: 60 € + gastos
  • Entradas venres 4: 35 € + gastos
  • Entradas sábado 5: 40 € + gastos

A organización recomenda adquirir as entradas canto antes, dada a velocidade coa que se están esgotando os tramos dispoñibles.

Un festival que medra e consolida a súa identidade

O Recorda Fest reforza así a súa posición como unha das grandes citas musicais do final do verán na Coruña. A combinación de artistas consolidados, proxectos actuais e unha Recorda Sessions dedicada aos 2000 converte esta edición nunha das máis completas da súa historia.

O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Por Solirock

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo