Michu da Rocha publica ‘Desfacer’primer single adianto do seu novo traballo

‘Desfacer’ é o primer sinxelo adianto do que será o novo traballo de estudo de Michu da Rocha, unha ácida canción funky, que fala en tono irónico do desexo sexual a través dunha cama desfeita.

▶ Videoclipe
Por Juancho Everman

▶ Single
Composición e Letra: Michu da Rocha
Gravado en Escusalla Sonora
Selo discográfico: Galunk Producións
Distribución: Altafonte 

BIO
O proxecto musical «Michu da Rocha» xorde a finais do verán de 2021 pola motivación persoal do músico vigués Michu Malvar de amosar a súa intensa actividade como creador das súas propias composicións.

A súa música ten un marcado carácter daquel rock n’ roll dos anos 60 con toques de surf, funk e podendo chegar as veces a ser tan sucia como o garage. Destaca cunha forma particular de misturar o son «vintage» co son moderno, sen artificios onde predomina a naturalidade dos instrumentos, a garra da súa voz tan persoal e unhas rítmicas moi ligadas ao baile.

Na actualidade conta con temáticas nas que se mistura o humor, o surrealismo e letras irreverentes que frecuentan a idiosincrasia galega. Con retrousos nos que poden facer os coros ata os máis apoucados.

About The Author

Por Solirock

4 comentario sobre «Michu da Rocha publica ‘Desfacer’primer single adianto do seu novo traballo»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo