La Oreja de Van Gogh prepara o seu regreso máis esperado. A banda donostiarra volverá aos escenarios en 2026 cunha xira estatal que recupera a súa formación orixinal, encabezada por Amaia Montero, e que incluirá unha única parada en Galicia: A Coruña, o 11 de setembro, no Coliseum.
A xira, que se estenderá entre maio e novembro, marcará o reencontro do grupo co seu público despois de anos de silencio e especulacións. A volta de Amaia Montero á primeira liña da banda supón un dos grandes reclamos dun tour que promete ser un dos acontecementos musicais do ano.
As entradas para todos os concertos estarán dispoñibles a partir do luns 20 de outubro ás 12:00 horas, exclusivamente a través da web oficial da banda.
O Coliseum coruñés converterase así nun dos escenarios clave desta nova etapa, nunha noite que se prevé histórica para os seguidores galegos dun dos grupos máis emblemáticos do pop-rock en español.

Debe estar conectado para enviar un comentario.