O DISCO TITULADO O NOSO TEMPO VEU A LUZ O VENRES 22 DE NOVEMBRO

Hugo Guezeta volta con forza para dar un golpe enriba da mesa da escena galega lanzando o seu primeiro disco titulado O Noso Tempo. Foi o pasado 22 de novembro cando veu a luz.

Hugo por fin da saida ao seu tan esperado álbum, do que só coñecemos 7 dos 14 temas que o compoñen. Dentro do disco destaca o carácter máis intimista nas súas letras, sen perder o foco reivindicativo que leva marcando a carreira do rapeiro. O labor como produtor de Peter Petrowski, un dos máis destacados da escena galega actual, é fundamental dentro de O Noso Tempo para artellar un traballo discográfico moi ecléctico.

O disco conta ademais con tres datas de presentación xa anunciadas, que terán lugar o 14 de decembro en Mos (Sala Rebullón), o 19 de decembro na Coruña (Sala Mardi Gras) e o 21 de decembro en Santiago de Compostela (Sala Sónar). A data na Sala Rebullón, ademais de ser o primeiro concerto en solitario desta etapa, será un concerto especial no que haberá moitas sorpresas e colaboracións, e servirá para dar comezo a unha xira que se espallará por todo 2025.

DATAS DE PRESENTACIÓN DE O NOSO TEMPO

14/12 · SALA REBULLÓN · MOS · ENTRADAS

19/12 · SALA MARDI GRAS · A CORUÑA · ENTRADAS

21/12 · SALA SÓNAR · SANTIAGO DE COMPOSTELA · ENTRADAS

MÁIS SOBRE HUGO GUEZETA

 Hugo Guezeta é un dos rapeiros e letristas máis importantes e talentosos do panorama musical galego. Tras o éxito do seu grupo SonDaRúa, co que chegou a dar máis de 200 concertos por todo o estado, actuando en grandes festivais e enchendo salas históricas como a Sala Capitol de Santiago de Compostela, o rapeiro emprende agora a súa andaina en solitario.

Hugo consolidouse como un dos grandes rapeiros de Galicia non só pola súa pegada en SonDaRúa, xa que intercalou a súa labor no grupo con lanzamentos individuais que acumularon decenas de milleiros de escoitas en plataformas.

O artista galego destaca polas súas letras cargadas de reivindicación e crítica social, así como pola calidade do seu rapeo. Nesta andaina en solitario, Hugo leva as súas letras a un aspecto máis persoal e íntimo, pero mantendo en todo momento esa forte crítica e reivindicación que xa son característicos del. Tamén a súa música evoluciona cara sons máis versátiles e bailables, que posicionan ao proxecto como un dos máis interesantes deste ano dentro do panorama urbano.

O seu primeiro disco de longa duración titulado O Noso Tempo, gravado e producido na súa totalidade polo produtor Peter Petrowski, sairá o venres 22 de novembro de 2024,  e O Noso TempoFeridasDe VoltaCantareA ToleiraEspertar e Arder son os primeiros adiantos do mesmo, que se caracterizará por un son versátil e divertido, con letras de carácter persoal sen perder o foco na crítica social reivindicativa, selo de identidade de Hugo Guezeta.

About The Author

Por Solirock

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo