Depedro e Xoel López volven cantar xuntos para interpretar en directo «De como empezamos», tema do último álbum de Depedro ‘La increíble historia de un hombre bueno’ (2013).
«De como empezamos» é unha canción que, en palabras de Depedro, «fala dos inicios e a proxección dos soños» e iso fai aínda máis especial esta versión. Nela, dous músicos e artistas xa consagrados volven unir despois de anos sen cantar xuntos para interpretar un tema sobre empezar, sobre dar os primeiros pasos.
Esta colaboración xorde dunha admiración mutua entre o galego e o madrileño, que compartiron escenario xuntos o pasado xaneiro nunha das dúas Rivieras de Depedro dentro do ciclo Inverfest.
«Admiro a Xoel como creador desde siempre y cuando nos hicimos amigos ese vínculo me ha regalado momentos geniales a su lado en los que a parte de disfrutar de su sentido del humor, no paro de aprender y de disfrutar de su generosidad».
Xoel López atópase actualmente na recta final da súa exitosa Xira de Salas, coa que percorreu gran parte do país con 19 datas, colgando o cartel de sold out en cidades como Madrid, Bilbao, Valencia, Sevilla, Valladolid, Selecta ou Santiago de Compostela, entre outras. O artista galego poñerá fin a este formato de xira o vindeiro domingo 13 de abril no Auditorio de Palma, en Mallorca, antes de dar comezo ao seu circuíto de verán por distintos festivais.
Próximas datas Xoel López:
10 de mayo – Auditorium Palma de Mallorca – Mallorca
16-18 de mayo – Festival Murmura – Almería
24 de mayo – Ourensoundfest – Ourense
12 de julio – Noches del Camino – Murcia
18-20 de julio – Atlantic Fest – Vilagarcía de Arousa
25-27 de julio – Low Festival – Benidorm
7-10 de agosto – Sierra Sonora – Viniegra de Abajo
04-07 de septiembre – Ebrovisión – Burgos
05-09 de septiembre – Recorda Fest – A Coruña
12 de septiembre – Granada Sound – Granada
(máis por confirmar)
2temlm