ZIGGY ALBERTS, LUIS ZAHERA E OSWALDO DIGÓN COMPLETAN O CARTEL DA QUINTA EDICIÓN DO FESTIVAL TERRACEO

O australiano Ziggy Alberts e uns vellos coñecidos, Luis Zahera e Oswaldo Digón, son as últimas incorporacións ao cartel da quinta edición do Festival TerraCeo.

Este ano celébrase a quinta edición do TerraCeo cunha combinación explosiva de diversidade e calidade repartida en catorce actuacións que van desde a música ata o humor nun escenario sen igual cunha impresionante posta de sol sobre a ría de Vigo e as Illas Cíes.

O ciclo arrinca o sábado 11 de maio coa maior sensación musical galega do momento, The Rapants, unha banda que consegue transmitir boas vibracións.

 O venres 24 de maio xogará en casa, Rebeliom do Inframundo, sinónimo do rap máis duro e auténtico desde as Rías Baixas ata o norte de Lugo.

Volve a TerraCeo o valisoletano Ángel Stanich, que xa estivo na edición de 2022, o venres 31 de maio. Regresa tras o seu extenso «Polvo de Battiato Tour» de 2023, nun ano no que está a celebrar o décimo aniversario de «Camino Ácido», o seu disco de debut. 

Los Secretos y Pancho Varona visítannos o sábado 1 de xuño. O trío formado por Ramón Arroyo, Álvaro Urquijo e Jesús Redondo únese a Pancho Varona ofrecéndonos un cuarteto acústico realmente delicioso que crearon especialmente para esta ocasión. 

O sábado 8 de xuño será a quenda do Niño de Elche,  un artista que transformou o flamenco a base de modernidade e unha actitude desprejuiciada. Os seus últimos traballos teñen moito poder escénico e algo catártico.

Christina Rosenvinge pasará o venres 14 de xuño  unha cantautora que con cada disco ofrece novos camiños e madurez compositiva, así como exhibe mocidade e frescura conceptual.

O humor volve e con forza esta edición coa participación de Luis Zahera e Oswaldo Digón. Estes dous grandes do humor español prometen unha noite chea de risas no escenario da terraza do Mar de Vigo o venres 19 de xullo.

Tarque & La Asociación del Riff e o rock aumentará incombustible no atardecer do domingo 21 de xullo o lider de M-Clan presentará  “Vol.2”, o seu segundo disco en solitario.

O venres 26 de xullo (cambio de data) será o turno de Los Estanques os caántabros son outra banda que gaña enteiros en directo.

E que mellor maneira de acabar agosto que o venres 30 de agosto coa banda madrileña Niña Polaca, aos que a épica e o rock acompañan, e adáptase como anel ao dedo ás súas confesións cotiás. Unha banda que creceu ata colocarse en referencia do rock patrio, camiñando máis aló do indie con toda a enerxía das cousas que nos afectan e nos descolocan. Pura vibración. 

Todos os detalles sobre a quinta edición de TerraCeo e a venda de entradas pode atoparse na web do Auditorio Mar de Vigo www.auditoriomardevigo.com

About The Author

Por Solirock

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo