O festival de Vilaxoán, que se celebrará do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán, tamén contará no seu cartel con Narco, Talco, Balkan Paradise Orchestra, Lontreira, Loita Amada, Serial Killerz e En Tol Sarmiento
Os abonos están á venda na web revenidas.com a un prezo de 59 euros (+gastos de xestión)
O Revenidas reafirma, e se cadra amplifica, o seu compromiso coa música galega e en galego coa presenza neste primeiro avance do cartel de catro bandas do territorio (Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, Lontreira e Loita Amada). Tamén corrobora a súa aposta por destacados nomes da escena estatal, con diversas procedencias e linguas, como é o caso dos cataláns La Pegatina (que fan escala en Vilaxoán na súa xira de despedida dos escenarios), Serial Killerz e as Balkan Paradise Orchestra, os vascos ETS (En Tol Sarmiento) ou os sevillanos Narco. E, como non, con importantes presenzas internacionais como Dubioza Kolektiv e Talco.
O Revenidas tamén pon de manifesto neste primeiro avance o seu compromiso coa paridade de xénero, coa presenza de varias bandas integramente femininas e de outras con músicas e cantantes na súa formación.
Os abonos para os catro días do Revenidas 2024 están á venda na páxina web www.revenidas.com a un prezo de 59€ (+gastos de xestión). As persoas que merquen o abono dos tamén poderán reservar na web o acceso á acampada por un importe de 10 euros.

buy priligy in the usa Do not inject into areas where the skin is tender, bruised, red, or hard
Tache noire is pathognomonic but is evident in only 30 to 90 percent of patients buying generic cytotec online PubMed 8583624