A «Romaría das Merendas» celebrouse o pasado 15 de Xuño no Concello de As Pontes, no mesmo lugar onde se celebra a «Festa da Fraga» que se celebra do 12 ao 25 de Xullo neste 2024.

A Romaria das Merendas surxiu fai uns 3 anos, co fin de recuperar en certa maneira os inicios da Romaría da Fraga, que nestes tempos nos que vivimos, xa está un pouco desvirtuada e masificada, a Romaria das Merendas pretrende ser como unha volta as orixes, invitando aos participantes a sacar as súas millores galas e caracterizarse con roupas similares a dos anos 50/60, tendo no palco agrupacións de música tradicionais locais ou da contorna pero de pequeno formato e non grandes grupos, facendo un xantar popular, carecendo de barras e foodtrucks, pra así conservar ao máximo e ser fieis aos seus ideais e non deixandose vencer pola masificación e pola globalización.



Vivimos unha xornada espectacular disfrutando da boa sombra da carballeira, cun tempo cálido ainda que amezaban choivas, gozando do xantar, a bóa compañía e as músicas populares unhas veces tocadas dende o palco e outras desde a propias mesas do xantar.

Gozamos de Grupos como «Aquí e Alá» de Outes, «Xermolos» de Guitiriz, «Brixta» de Ferrol, «Buxainas» de Cedeira, «Axeigo» de Rábade, «Os Netos do Escribano» do Ortegal, «No Combarro» de As Pontes, «Embruxo» de Ordes, «Curruncunca y los Panda» de Barcelona (un auténtico descobremento que esperamos ver en Pardiñas), «Nimbos» de As Pontes, «Toma de Terra» da Terra de Montes, e algunha que outra agrupación máis que viñeron de forma particular, a esta nova pero espectacular proposta na que se está convertindo a «Romaría das Merendas» e que dure moitos anos máis!