O exguitarrista de PULP súmase ao cartel da 7ª edición do festival, que conta xa cos confirmados FINK, GIGOLO AUNTS e STONE FOUNDATION

O 21 Setembro o icónico cantante de Sheffield actuará no Teatro Salesianos para un dos concertos máis especiais deste ano.

Richard Hawley é sen dúbida un dos mellores compositores da súa xeración. Cunha carreira ás súas costas con 9 discos en estudo e un longo número de colaboracións, con xente como os Arctic Monkeys, Tom Jones Ou Manic Street Preachers, entre outros,que converteu a Hawley nun dos grandes.

O icónico músico de Sheffield volve a España para unha exclusiva xira de 4 datas que recalará en Vigo o 21 Setembro. E farao para un concerto moi especial no que presentará nas distancias curtas un show íntimo para os seus fans con temas do seu fantástico novo disco «In This City They Call You Love» e outros da súa exuberante discografía.

Durante os últimos anos o festival Underfest foi sumando grandes nomes da música contemporánea a cada unha das súas programacións. Artistas como Michael Kiwanuka, Benjamin Clementine, John Grant, Slowdive ou Paul Weller, entre outros, foron pasando polos escenarios de Vigo deixando shows para o recordo. En 2024 Underfest confirma a outro dos nomes imprescindibles e esenciais na escena dos últimos anos. O 21 Setembro Mr. RICHARD HAWLEY actuará no Teatro Salesianos para un dos concertos máis especiais deste ano. 


Entradas dende o vernes 14 de Xuño  a partir das 10:00h en Ataquilla

About The Author

Por Solirock

3 comentario sobre «¡RICHARD HAWLEY actuará en Vigo dentro do festival Underfest!»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo