O Revenidas 2026, que se celebrará en Vilaxoán do 10 ao 13 de setembro, xa ten o seu cartel completo. O festival non só revelou a distribución por días, senón que tamén incorporou nove novos nomes que reforzan unha das edicións máis diversas e festivas da súa historia.

Xoves 10: arranque con enerxía e mestura de estilos
A primeira xornada chega cargada de potencia, con Narco, Sara Hebe, De Ninghures, Sons of Aguirre & Scila, Nadie González, Süne, El Pony Pisador, Yaya DJ e A Duendeneta, que volverá ser unha das grandes anfitrionas da verbena revenideira.

Venres 11: Evaristo e Bob Vylan lideran unha noite combativa
O venres será unha das noites máis intensas, con Evaristo, Bob Vylan, Dakidarría, Ilan Amores, La Sra. Tomasa, Matah, Terrae, The Salsa Punk Orkestra, Arrhythmia e A Duendeneta. Unha mestura de punk, fusión, electrónica e reivindicación que define á perfección o espírito do Revenidas.
Sábado 12: diversidade total nun día de grandes nomes
A terceira xornada reunirá a La Gossa Sorda, El Drogas, Fillas de Cassandra, The Rapants, Taqbir, Rebeliom do Inframundo, Kumbia Queers, Malifeta, 9Louro, Awakate, Maloa Brothers, Queen Rendi, Tapa De Orella e A Duendeneta, que pechará a noite por décimo ano consecutivo.
Domingo 13: tradición, circo e humor para despedir o festival
O Revenidas clausurarase o domingo coa súa clásica sardinada popular, a Gala de Circo Solidaria e as actuacións de Mekanika Rolling Band, As do Xeito, De Vacas e Lisdexia.
Nove novos artistas que reforzan a identidade do Revenidas
O festival suma á súa programación:
- El Pony Pisador, mestura de folk, humor e cantos de taberna.
- La Sra. Tomasa, que ofrecerá no Revenidas o seu último concerto en Galicia.
- De Vacas, irreverencia e harmonías para reinventar clásicos do pop.
- Taqbir, a gran referencia do punk marroquí.
- Maloa Brothers, proxecto nacido dun dos vocalistas de La Raíz.
- Tapa D’Orella, a verbena 2.0 de Pappaquino e Willow GHZ.
- Lisdexia, punk e garage desde Muros.
- Yaya DJ, xa un clásico do festival.
- A Duendeneta, celebrando 10 anos consecutivos no Revenidas.
A organización anunciará nos próximos días as actividades paralelas que completarán a experiencia.
Entradas e acampada: prezos promocionais e prazas limitadas
O Revenidas ten á venda un cupo moi limitado de entradas de día en revenidas.com:
- Xoves: 28 € + gastos
- Venres: 35 € + gastos
- Sábado: 38 € + gastos
Os abonos das tres xornadas están dispoñibles por 66 € + gastos, e inclúen a opción de reservar acampada:
- Acampada completa: 15 €
- Acampada por día: 10 €
O festival conta un ano máis co apoio de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrelas.
Debe estar conectado para enviar un comentario.