Mondra publicará o 28 de xuño , Día do Orgullo, o sinxelo MARIMONDRA, un canto de celebración cuir

O tema, que se poderá escoitar a partir das 00.00 horas deste venres 28 en todas as plataformas dixitais, conta coa colaboración de Mónica de Nut

Mondra publicará este venres 28 de xuño, coincidindo coa
celebración do Día do Orgullo LGBTIQA+ o seu novo sinxelo, MARIMONDRA, un canto á
disidencia e que reivindica a creación cuir en galego e desde Galicia. O tema, no que
colabora a intérprete Mónica de Nut, estará dispoñible a partir das 00.00 horas do día 28 nas principais plataformas dixitais.

O creador do universo ARDĒN (Altafonte, 2023) co que está a xirar desde o pasado mes de
setembro por escenarios de toda Galicia, lanza desta quenda unha canción pro LGBTIQA+,
coa que quere, alén de dar voz á diversidade, facer unha proposta artística que xoga coa
dualidade entre “a sofisticación e o nutritivo co desenfado e o saboroso”, segundo sinala
Mondra, tanto a nivel musical coma gráfico. Neste sentido, o tema MARIMONDRA o tema MARIMONDRA acompañarase dunha peza audiovisual que estará dispoñible tamén a partir das 00.00 horas do venres 28 na canle de VEVO do artista.

About The Author

Por Solirock

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo