Guadi Galego pecha este sábado 13 no Teatro Principal de Pontevedra a mini xira de pesentación do seu directo Síntese Horizonte
Guadi Galego vistará este sábado 13 de abril o Teatro Principasl de Pontevedra para por o punto e final á xira de presentación do seu novo directo, Síntese Horizonte. A cita, a partir das 20.00 horas, no marco do ciclo Resoan do Concello de Pontevedra, e para dita ocasión non quedan entradas dispoñibles.
Logo de actuar o pasado mes de xaneiro no Teatro Principal de Compostela e no Teatro Jofre de Ferrol, a cantante e compositora pechará esta fin de semana na localidade pontevedresa a tríade de concertos de presentación en Galicia do seu último LP, Roibén, nunha noite na que tamén soarán cancións de anteriores discos ou mesmo o seu sinxelo O.D.A. Guadi Galego subirase este sábado se de novo ás táboas para sorprender ao público cunha proposta exclusiva que pretende ofrecer unha experiencia musical única e transformadora.
Ben arroupada no escenario, Guadi Galego acompañarase dunha banda conformada por grandes artistas do país. É o caso de Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percursión), Álex Fernández (teclados), como vocalistas, Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Jiménez.
priligy review Our aim was to determine if the racial ethnic differences in early stage breast cancer, and its survival were better explained by intrinsic biological differences in tumor characteristics, or by differences in early detection of breast cancer