Máis de 10.000 persoas bailaron e cantaron nunha noite chea de enerxía, emocións e moito ritmo ao carón do artista puertorriqueño

Nin a choiva, nin o vento, nin a gran tronada que caía sobre A Coruña puideron coas ganas de festa. O Coliseum acolleu este sábado a 10.000 persoas dispostas a bailar “outra vez” con Chayanne, que regresaba á cidade tras máis de dúas décadas sen actuar no recinto. E si, bailamos. E moito.

Desde o primeiro momento, o público entregouse a un artista que chegou con ilusión e moitas gañas de reencontro. Arrincou forte cun medley de “Bailemos otra vez”, “Salomé” e “Boom Boom”, que puxo a saltar á xente e fixo esquecer o mal tempo. “Esta noite mandades vós, que eu obedezo!”, soltou Chayanne entre sorrisos, lembrando que traía “moitos recordos desta terra”.

Durante dúas horas combinou os seus grandes éxitos, tanto os máis movidos coma os máis románticos, sen perder o sorriso nin un só momento. Non faltaron “Madre Tierra”, “Un siglo sin ti” ou “Dejaría todo”, e tampouco a conexión constante co público, que lle respondeu cun calor e entusiasmo á altura da ocasión.

Acompañado dunha banda potente e un corpo de baile entregado, Chayanne demostrou por que segue sendo un dos artistas máis queridos de varias xeracións. “Se nos quedara pouco tempo, ¿con quen estaríamos?”, preguntou a medio concerto. A resposta foi clara: “¡Contigo!”

Tras varios cambios de vestiario e un breve descanso, regresou para emocionar co clásico “Tiempo de vals”, antes de pechar a festa por todo o alto con “Torero”, que puxo o Coliseum patas arriba.

Foi unha desas noites que confirman que, con boa música e enerxía positiva, nin a peor noite climatolóxica pode apagar as ganas de bailar.

About The Author

Por Solirock

11 comentario sobre «Chayanne fai tremer o Coliseum da Coruña malia a tronada»
  1. se puede comprar famciclovir sin receta [url=https://confiapharma.com/#]positon crema farmacia online[/url] donde puedo comprar cialis sin receta

  2. Профильная юридическая служба, специализирующаяся на спорах в сфере автотранспорта. Основная деятельность:

    Оспаривание постановлений ГИБДД, МАДИ, АДИ в судах Ленинградской области;

    Взыскание ущерба при ДТП на загруженных магистралях (КАД, ЗСД);

    Защита прав водителей при незаконной эвакуации в центре Петербурга.

    Работаем с делами на территории Санкт-Петербурга и пригородов с 2018 года. В арсенале: 120+ успешных кейсов по оспариванию штрафов с камер фиксации. [url=http://avtoyristspb.ru/]Автоюрист спб[/url]

  3. Автоадвокаты СПб предлагает:
    1. Экспертная оценка ущерба после аварий
    2. Защита при лишении прав
    3. Взыскание страховых выплат

    Правовая база: ФЗ №40 «Об ОСАГО»

    География:
    Всеволожск, Гатчина, Выборг

    В арсенале 250+ успешных кейсов.
    https://avtoyuristsanktpeterburg.ru/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo