- O festival celebrarase o 25 e 26 de abril de 2025
- As primeiras confirmacións do cartel serán desveladas próximamente.
Vilalba, 19 de novembro de 2024. – O Festival Independente de Vilalba (FIV) celebrará a súa 18ª edición os vindeiros 25 e 26 de abril de 2025, consolidándose como un dos festivais máis importantes do panorama indie en Galicia. Este evento anual destaca pola súa coidada selección musical e por ofrecer unha experiencia única na localidade lucense de Vilalba.
Tras o éxito da pasada edición, que superou os 6.000 asistentes e contou con actuacións destacadas como as de Iván Ferreiro, Dorian e El Columpio Asesino, o FIV segue apostando por grandes nomes do indie nacional. As primeiras confirmacións do cartel serán anunciadas nas vindeiras semanas, mantendo a emoción e as expectativas para esta nova cita.
O festival conta un ano máis co apoio do Concello de Vilalba e de Vibra Mahou, a plataforma de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros entorno ao directo.