Our Fest 2025: Ourense vibra coa cuarta edición dun festival que xa é referente

Ourense prepárase para acoller a cuarta edición do Our Fest, un evento que xa se consolidou como parada obrigatoria no calendario de festivais de outono. Tras contar con nomes como Primal Scream, Suede, Belle & Sebastian ou Teenage Fanclub, este 27 de setembro a cidade volverá a ser epicentro musical coa presenza confirmada de Happy Mondays, Mercury Rev e Kruder & Dorfmeister.

O festival ourensán reafirma a súa personalidade cun cartel que mestura nostalxia noventeira e vangarda sonora. Dous dos pratos fortes serán os británicos Happy Mondays, pioneiros do son madchester e autores de discos icónicos como Bummed (1988) ou Pills ‘n’ Thrills And Bellyaches (1990), e os estadounidenses Mercury Rev, que traerán a súa elegancia indie e presentarán Born Horses (2024), unha obra que promete ser a máis barroca e jazzística da súa carreira.

O dúo austríaco Kruder & Dorfmeister tamén estará en Expourense, cunha sesión que mesturará downtempo, dub, pop, hip-hop, drum and bass, trip-hop e bossa nova. Unha viaxe sonora sen límites.

No apartado estatal, destaca León Benavente, garantía de intensidade e himnos coreables, e Viva Belgrado, que presentarán por primeira vez en Ourense o seu novo disco Cancionero de los cielos (2024). Desde Londres, Dream Nails achegarán o seu punk-rock combativo, herdeiro do movemento riot grrrl.

As entradas están dispoñibles por 40€ + gastos en ourfest.gal e ataquilla.com. O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia (Concertos do Xacobeo 2025), da Deputación Provincial de Ourense e do Concello de Ourense.

About The Author

Por Solirock

2 comentario sobre «Our Fest 2025: Ourense vibra coa cuarta edición dun festival que xa é referente»

Responder a Daniel1302 Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo