Sanxenxo viviu unha noite inesquecible da man de Manuel Carrasco, cun concerto cunha duración de dúas horas e media conquistou ao publico galego cunha posta en escena espectacular.

O concerto que se celebrou no Festival Costa Feira está enmarcado dentro do seu “Tour Salvaje” e que será a única parada do cantante onubense por terras galegas, onde o artista repasa os seus grandes éxitos con algún adianto do seu próximo disco.

O artista deixou mostras constantes do seu gran carisma con palabras de agarimo e agradecemento a un publico que se entregou desde o primeiro momento, facendo que a noite fose inesquecible, o agarimo que Manuel recibía do publico, non parou de deixalo patente en cada oportunidade que tiña, nomeando a Sanxenxo cada dúas por tres e agradecendo todo o entusiasmo que estaba a recibir.

Nun momento do concerto e tras un pequeno vídeo dos números da xira Manuel celebrou o espectador un millón e que era unha persoa de Sanxenxo, Lorena Pena era a afortunada de conseguir ese galardón, á cal Manuel convidou a subir ao escenario e tamén convidou o seu fillo Xián que cumplia 11 anos e o artista quiso felicitar.

Ademais da espectadora un millón, subiu ao escenario un vigués chamado Brais a cantar a canción «Dixéronme de pequeno», unha das máis especiais para Carrasco que a tocou ao piano.

Ao final do concerto, Manuel Carrasco confesou que «me gustaría que saibades de corazón que foi un dos concertos máis bonitos de toda a xira» e pechouno con toda a banda bailando no escenario “ata pola mañá”

About The Author

Por Solirock

33 comentario sobre «O ‘Tour Salvaje’ de Manuel Carrasco entusiasma en Sanxenxo»
  1. 映画愛好家の皆様へ、様々なテーマに沿った映画コレクションを紹介するプラットフォームをご紹介します。作品ごとにトレーラー視聴とポスター閲覧が可能で、次に見る映画を選ぶ際の参考としてご活用いただけます。各作品のAmazonページへのアクセスも容易で、、必要な情報をワンストップで得られます。映画選びの時間を有意義な発見の時間へと変えるとなるでしょう。 https://eigamaster.booth.pm/

Responder a QBhgeagueOrgadsX0y Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo