O Galicia Fest confirmou a Dani Fernández como a último cabeza de cartel que completa un cartel do que se espera sexa un dos festivais de referencia de Galicia. Celebrarase o 29 e 30 de agosto no Peirao de Transatlánticos.

Dani Fernandez converteuse en todo un referente no noso país, converténdose no artista pop rock do momento. Un artista que logrou, a través das súas cancións e o seu directo, a credibilidade do público, dos medios e da comunidade artística, tanto do pop, rock ou indie. Tivo colaboracións de todo tipo e as súas cancións posiciónanse como as máis radiadas do noso país.

Venda de entradas

Tanto as entradas de día, para venres ou sábado, como o abono que dá acceso ao recinto para ambas as xornadas, poden adquirirse a través da páxina oficial do festival: www.galiciafest.gal.

O venres 29, o público poderá vibrar cos directos de Dani Fernández, Mikel Izal, Dorian, A Habitación Vermella, Samuraï, Sexy Zebras e Éxtase.

O sábado, día 30, o cartel está encabezado por Beret e Leire Martínez, aos que se suman Fredi Leis, Hey Kid, Maldita Nerea, Marlon, Noan e Paula Koops.

O Galicia Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo.

About The Author

Por Solirock

19 comentario sobre «Dani Fernández pecha o cartel do Galicia Fest de Vigo»

Responder a Mae4902 Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo