TILL LINDEMANN ESTARÁ NO XX ANIVERSARIO DO RESURRECTION FEST ESTRELA GALICIA 2025

Till Lindemann, o inconfundible líder e vocalista de Rammstein e un das iconas do metal contemporáneo, aterrará en Viveiro o próximo ano co seu proxecto en solitario por primeira vez en España.

Tras encher estadios por todo o mundo con Rammstein, embarcouse nunha xira coa súa outra banda que xa copa grandes festivais e esgota areas de todo o continente. No seu concerto non faltarán os mellores temas da súa carreira explorando o seu lado máis sarcástico, poético e escuro sen perder a pegada industrial que caracterizan a súa música. Haberá unha gran produción, así que se es fan de Rammstein, non cho podes perder!

O alemán únese así ao cartel do Resurrection Fest, que xa ten anunciados tres cabezas de cartel: Slipknot, Judas Priest e KoRn (data única en España). E aínda queda moito máis por anunciar. Estades listos para vivir un aniversario incrible?

Por Solirock

Deja una respuesta

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo