TANXUGUEIRAS DALLE UNHA NOVA VIDA A «MOVEMENTO», A SÚA COLABORACIÓN CON SHINOVA

O tema supón unha nova versión da canción «Movimiento», incluída no álbum da banda vizcaína “El Presente”, dando como resultado un tema fresco e diferente ao orixinal e no que as galegas achegaron un novo son moi influenciado polas súas raíces.

En palabras de Shinova: «Cuando coincidimos por primera vez con Tanxugueiras en un escenario nos quedamos prendados con su directo, por toda esa contundencia sónica al servicio de unas voces melódicas y poderosas que nos conectaban con las raíces ancestrales de la música”.

É por iso que mesmo rebautizaron a canción para adaptala ao galego: «Siempre nos ha atraído artísticamente el folklore, especialmente el gallego, y, en muchas ocasiones, nos hemos acercado, tímidamente, a esos sonidos, pero nunca de manera explícita…hasta esta versión de «Movimiento». Lo que han conseguido Aida, Olaia y Sabela con esta colaboración supera lo que teníamos en mente, llevando una canción que ya era importante en nuestro repertorio a un nivel aún superior».

«Movemento» foi producida por Manuel Colmenero e conta tamén coa produción vocal de Tanxugueiras, da man de Iago Pico en Pouland Studios, e coa gravación de guitarras e voz de Gabriel a cargo de Erlantz Prieto en Atlas Estudo. Mantendo a esencia de “El Presente”, a súa mestura e mastering final foron realizadas por Manuel Colmenero nos Estudos Sonobox de Madrid. O vídeo lyric e a portada son obra do deseñador José Lozano aka Murciano total.

O trío finaliza este mes a súa extensa xira de 2024, que as levou a percorrer toda a Península e grandes festivais durante a tempada estival (Pirata Beach, SonRías Baixas, Osa do Mar, Revenidas, etc)

… e xa comezan a anunciar as primeiras datas para 2025, confirmando onte mesmo a súa participación no Festival EmigraSon de Bruxelas para o próximo febreiro e BIGSOUND Pontevedra do 11 ao 12 de xullo.

Na entrevista que lle fixemos no Ourensound a os rapaces de Shinova, xa Gabriel nos comentaba que lle gustaría facer unha colaboración con elas, podedes escoitalo no seguinte enlace.

Charlando con Shinova

About The Author

Por Solirock

Un comentario sobre «TANXUGUEIRAS DALLE UNHA NOVA VIDA A «MOVEMENTO», A SÚA COLABORACIÓN CON SHINOVA»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo