Kate Ryan poñerá o toque ‘dance’ á terceira edición do Recorda Fest

Kate Ryan poñerá o toque ‘dance’ á terceira edición do Recorda Fest, sumándose así a un cartel que conforman Lori Meyers, Xoel López, Nena Daconte, Ultraligera, Despistaos, Álvaro de Luna, Efecto Pasillo, Leire Martínez, Griso e Fran Perea. O festival, que se celebrará os días 5 e 6 de setembro no Peirao de Batería da Coruña, contará con máis artistas que na súa segunda edición e máis dun 30%
de presenza feminina sobre o escenario Xacobeo.


Considerada unha das “divas” do vello continente, vendeu 3,5 millóns de discos, sendo unha das artistas máis exitosas do xénero ‘pop-dance’ en Europa. A artista belga suma vinte anos de carreira, onde estivo no centro da música baile europea, e este setembro promete facer bailar a todo o mundo con temas míticos como Ela Elle L’a, Désenchantée, Scream for more, Voyage voyage, Je T’adore ou Libertine.

Súmase aos artistas confirmados: Lori Meyers, Xoel López, Nena Daconte, Ultraligera, Despistádoss, Álvaro de Luna, Efecto Pasillo, Leire Martínez, Griso e Fran Perea.


Considerada unha das “divas” do vello continente, vendeu 3,5 millóns de discos e é unha das artistas máis exitosas do xénero pop-dance en Europa.
A artista belga suma vinte anos de carreira, onde estivo no centro da música de baile europea, e fará parada este setembro no Peirao de Batería da Coruña.

Os abonos para ámbalas dúas xornadas están dispoñibles en www.recordafest.es a un prezo de 55 euros máis gastos de xestión. Pola mesma cantidade, tamén as de mobilidade reducida.

O Recorda Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo.

About The Author

Por Solirock

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo