O festival PortAmérica celébrase na localidade pontevedresa de Portas os días 4, 5 e 6 de xullo.
Como vén sendo habitual e non ía ser diferente este ano, o cartel deste 2024 ofrece unha ampla variedade de estilos para satisfacer a todos os públicos. Tanta variedade que nos imos a atopar a artistas como Aitana, Arde Bogota, Shinova ou a Vetusta Morla, xente moi punteira no panorama actual, e xente como Luz Casal, Xoel López, Rodrigo Cuevas ou Juanes no que quizais anime a un publico un pouco máis adulto. E por suposto representación galega da man de Guadi Galego, Mondra, ou The Rapants. Tamén haberá protagonismo para a gastronomía co denominado como ShowRocking. Chefs de renome internacional, entre eles Pepe Solla, prepararán para os asistentes petiscos creados especialmente para a ocasión.

¿Cómo llegar al PortAmérica 2024?
Para chegar ata a antiga azucreira de Portas, lugar onde se sitúa o festival, a organización ofrece lineas de autobus de ida e volta desde A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Cambados e Villagarcía de Arousa, Os prezos por días de ida e volta van de 8 euros (desde Cambados ou Vilagarcía) ata 19 euros (desde A Coruña).
Estarán activas durante os tres días de festival para que podas chegar de forma segura e sostible!
E se non queres andar a desprazarche, PortAmérica tamén conta cunha zona de acampada. O prezo para o seu acceso é de 20 euros, e se se quere acceder cunha autocaravana ou camperizada, o custo é de 25 euros.
Horarios PortAmérica 2024



Jueves 4 de Xullo
18:00: Paideia
18:30: Mondra
19:25: Guadi Galego
20:15: Toquinho
21:30: Babasónicos
22:30: Xoel López
23:40: Standstill
00:40: Vetusta Morla
01:55: Carlos Sadness
02:55: Galician Army
Viernes 5 de Xullo
17:30: Paideia
18:00: Besmaya
18:40: Caloncho
19:45: Marilia Monzón
20:45: Lit Kallah
21:45: Luz Casal
22:45: Aitana
00:15: Sarria
01:00: Shinova
02:00: León Benavente
03:00: The Rapants
Sábado 6 de Xullo
17:30: Paideia
18:00: Mamasunción
18:40: Burning
19:45: Rodrigo Cuevas
21:00: Lila Downs
22:00: Juanes
23:15: Ilegales
00:15: El Drogas
1:15: Arde Bogotá
2:15: El Columpio Asesino
3:15: Sonido Gallo Negro

Non vai faltar a gastronomía nesta edición do Festival PortAmérica, no seu ShowRocking participarán máis de 30 chefs recoñecidos, incluíndo 18 Estrelas Michelin e 4 Estrelas Verdes entre os confirmados. Edorta Lambo, Rocío Parra, Fabián Delgado, Dani Carnero e Marcos Morán son algúns dos chefs recentemente anunciados que se unen a nomes como Javi Olleros, Diego Guerrero, Begoña Rodrigo, #Luis Lera e Maca de Castro. Baixo a dirección de Pepe Solla, elaborarán máis de 60 petiscos diferentes, tanto doces como salgados a prezos populares, elaborados especialmente para o evento.
Tampouco faltarán as actuacións sorpresa no escenario do ShowRocking, onde xa se pasaron artistas como Xoel López, Iván Ferreiro, ou o propio Pepe Solla.