O novo tema de Sara Faro e María SOA, a canción coa que as artistas rematan os directos da xira Últimas Dionisíacas, actualiza o mítico canto de La Pegatina para dar conta do encontro entre Maricarmen e a súa filla nun afterhour 

Fillas de Cassandra publicou o pasado , 13 de setembro, o seu novo sinxelo, Maricarmen. A peza, que se poderá escoitar nas principais plataformas dixitais, é o tema que pecha todos os concertos da xira Últimas Dionisíacas. Este lanzamento é o ramo dunha intensa tempada na que Sara Faro e María SOA subiron a ducias de escenarios de toda a península. “Queremos despedir o verán por todo o alto, coa canción que nos acompañou en todos os directos”, aseveran.


A nova creación de Fillas de Cassandra revisa o mítico himno de La Pegatina: danlle unha volta para incluír á protagonista na propia historia da canción. Así, Fillas de Cassandra integra a Maricarmen no relato, como convidada “inesperada” dunha festa á que chega a personaxe e que, ao ver o ambiente festivo, decide quedar na mesma. “Ao final Maricarmen está tan entusiasmada que quere bailar no ‘afterhour’ coa filla ata o final, obviamente”, din Sara e María.

Na produción de Maricarmen tamén participan, ademais de Sara Faro e María SOA, Peter Petrowsky e Berto. O tema acompáñase dunha capa creada pola ilustradora Lara Seara, coñecida nas redes sociais como @laultimacroqueta, e contará cun vídeo de animación  realizado por Antón Varela.

About The Author

Por Solirock

Deja una respuesta

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo