Llenazo total no Coliseum para vivir unha noite de homenaxe a Vicente Fernández da man do seu fillo Alejandro. “De Rey a Rey” é o nome dunha xira que trae a Alejandro Fernández por varias cidades españolas e nas que A coruña foi unha das elixidas.

Unha noite épica chea de emocións, tanto para o artista como polo publico que enchía o Coliseum coruñés. A verdade é que a homenaxe que “El Potrillo” está a brindar ao seu pai é digno de mito como o era Vicente Fernández, e o nome da xira “De Rey a Rey” está a demostrar que é acertada.

A voz soou pletórica e os mariachis que acompañan a Alejandro están á altura do artista e do que quere transmitir, cun repertorio moi ben escollido e que mesturou moi ben os estilos facendo máis entretido e vibrante o transcurso do mesmo.

O publico o dió todo desde o primeiro momento, cando o concerto arrincou pasadas as 21:30 horas e os mariachis comezaron a tocar os primeiros acordes do “que sexas moi feliz” saíu ·”El Potrillo” ao escenario, co seu traxe de “Charro” e as nove mil persoas que abarrotaban o Coliseum, recibírono cunha atronadora ovación, ese foi o preludio do que viría a continuación.

Regalounos un Medley que estreaba na Coruña coas cancións Pop que tanto éxito déronlle en España e que non quería deixar que pasasen por alto e moito momentos inesquecibles coas cancións do seu pai e outras que tamén forman parte da súa propia historia.

«Hoy teño ganas de ti», aquel tema que compartiu con Christina Aguilera, fixo rebrotar a nostalxia entre o público. Máis tarde, ao interpretar «Abrázame» de Julio Iglesias cunha envolvente atmosfera de mariachi, e especialmente «A mi manera» de Sinatra cun sabor mexicano, o Coliseum estalou en emoción. Os acordes da trompeta, os detalles rancheiros e ese final intenso e conmovedor de Alejandro provocaron unha ovación que semellaba non ter fin.

O coliseum veu abaixo na recta final cando fixo unha homenaxe a José Alfredo Jiménez e o climax total foi cando interpretou o Rey demostrando coa súa forza o por que o nome da xira é o perfecto.

O que se viviu o A Coruña foi unha mostra de que Vicente Fernández segue moi vivo e que o seu legado perdurará no tempo grazas á voz do seu Potrillo.
