E é que o artista colombiano deixounos un concerto en Sanxenxo cheo de vida, de sentimentos e de enerxía positiva.
Camilo, o cantante colombiano famoso polo seu bigote e por cancións como “Vida de rico”, “Machu Píchu” “Kesi” ou “Millones” conquistou ao publico do festival Costa Feira, pola súa sinxeleza e as súas mostras de agarimo coa súa “tribu” que é como chama aos seus seguidores.

Cun escenario moi colorido e acompañado pola súa banda habitual, Óscar Convers (baixo), León Subervi (guitarra), Frank Fuentes (percusión), Reinaldo González (percusión), Nicolás González (teclados) e Edwar Montoya (trombón). Camilo abriu o concerto con “Una vida pasada”, á que seguiron «Millones» e «Favorito», co que nos deixou ás claras como ía a trancurrir a noite.

Cunha camiseta escura sen asas e un pantalón azul con manchas brancas, descalzo e sobre unha alfombra de cores, o colombiano non parou de bailar e de animar á «tribu», deixounos mostras dun gran agarimo por Galicia, arrincando cun “Boas noites tribu” e dicirnos despois “
si te llevan a comer pulpo y te hablan en gallego al oído, uno se enamora» terminou por gañar o agarimo dun publico xa de por si entregado a tope co artista.
Nun momento o artista colombiano aproveitou para acordarse de toda esa xente que está estes días loitando contra o lume en tantos lugares de España e sobre todo en Galicia cun emotivo discurso en favor de toda esa xente que está a loitar.

«Yo sé que estamos pasando una noche increíble que vamos a recordar para siempre pero ¿saben qué? En este momento tengo un pedacito de mi corazón de una manera muy especial con un montón de personas que no la están pasando tan bien a causa de los incendios que están pasando por toda España. Muchos de ellos incluso cerca de aquí»
«Yo solo quería un segundo detener y alinear el corazón para celebrar y agradecer el trabajo que hacen todos los organismos de rescate y de control, los bomberos que arriesgan sus vidas para cuidar la nuestra. Sé que es una situación muy difícil y esperamos que pase muy pronto»»
Co que a ovación que levou o cantante foi atronadora.

Durante o concerto tivemos a aparición sorpresa de Evaluna Montaner, parella de Camilo, para interpretar Machu Picchu e Plis. Tras estes temas tocou a quenda de Por primera vez, Kesi, Me toca a mí, para terminar con Indigo.
Unha noite moi especial que se notaba sobre todo na cara de ledicia dos cativos que marchaban encantados co seu artista favorito.
