Despois da enorme acollida que tiveron os seus últimos sinxelos, Hi, My Love, Eu espero aquí e Camponarai, a cantante Sabela presenta un novo sinxelo que tamén vai formar parte do que será o seu proximo EP.
Neste caso tratase de Cerca de ti. Este novo tema, é un agradecemento a todo ese amor bondadoso que nos transmiten os nosos animais. Neste novo tema como tamén pasou no anterior Camponarai, Sabela volve a convertirse en produtora, producindo integramente a canción, buscando un carácter minimalista que xere tenrura.
A artista galega enfoca novamente a súa visión cara a vida no campo, elemento continuo seguido nos adiantos do seu EP, desta vez centrando a temática nos animais e situando a súa sonoridade nesa calma que se sinte no rural. A modo de curiosidade, Sabela desvela que os paxaros que soan no inicio de Cerca de ti é un sample inspirado nos sons que percibe dende o seu estudio, e que polo tanto imita aos paxaros que escoita mentres compón. Desta maneira, mantén a súa forte aposta por dar voz e poñer no mapa musical á creación e a vivencia do rural.