CAAMAÑO&AMEIXEIRAS ÚNESE A RODRIGO CUEVAS NO PASODOBRE «CATRO COUSAS»

Nel, Caamaño&Ameixeiras e Rodrigo Cuevas recollen a linguaxe militar e taurina que caracteriza a este xénero para despois apropiarse del, reinterpretándoo e revestíndoo dunha mordaz pero elegante ironía. Do mesmo xeito, tamén é unha canción de amor, pero ao revés do común. De amor cara adentro, cara unha mesma. De empoderamento feminino e de autocoidado. De querernos a nós primeiro. De saber dicir “catro cousas” cando fai falta.

Catro cousas foi gravado en directo, abrazando o natural e o espontáneo da música ao vivo. Aprendido ao enorme Florencio, o cego dos Vilares, que á súa vez o aprendera de La Pastorina grazas á radio, Caamaño&Ameixeiras revisitan este pasodoble e atopan como complemento perfecto a voz de Rodrigo Cuevas, referencia indiscutible no panorama actual da música de raíz.

O tema chega acompañado por un precioso videoclip, dirixido por Jorge Rojas e gravado no Parque do Pasatempo de Betanzos, considerado BIC (Ben de interese Cultural), actualmente en proceso de restauración e considerado “un dos xardíns máis extraordinarios e desconcertantes de Europa”.

Sobre a experiencia de traballar con Rodrigo, o dúo galego comenta: “A experiencia foi incrible. Xa sabiamos que Rodrigo era un artista tremendamente talentoso, pero tamén puidemos descubrir que a súa calidade humana non o é menos. É unha persoa moi xenerosa e foi moi fácil traballar con el, moi fluído e moi inspirador para nós».

Sobre o proceso de composición e gravación, engaden: “dende o primeiro momento houbo moita conexión entre os tres, e a súa forte personalidade artística permitiu levar o tema a outra dimensión. O proceso de gravación foi moi fermoso. Gravamos en vivo, abrazando a naturalidade e espontaneidade que conleva».

A localización no Parque do Pasatempo tamén xoga un papel fundamental á hora de outorgar sentido e forza ao sinxelo. “O Pasatempo é un lugar máxico, e tiñamos claro que era o escenario perfecto para o que queriamos contar e transmitir no videoclip. Ademais, persoalmente para Sabela foi especial volver a visitar este espazo que tanto visitara na súa infancia, agora dende unha perspectiva diferente e cunha mirada diferente. Tamén foi moi poderoso volver ocupar temporalmente un lugar como este, cunha decadencia que nos resulta completamente magnética”.

About The Author

Por Solirock

Deja una respuesta

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo