O Salmón demostrou un gran estado de forma na segunda cita en Sanxenxo
O médico e artista valisoletano Gon Abril abriu a segunda xornada de COSTA FEIRA no escenario GASTRO , nun formato semi acústico, narrou historias de amor xenuíno, celos, amizade e superación persoal. A naturalidade flúe en cada un dos seus acordes, ofrecendo un refuxio sonoro a quen busca consolo e esperanza.
A segunda actuación do día correu a cargo de INAZIO, cos seus temas cheos de sensibilidade como “Aunque estemos a martes”, “Olivia” e “Viernes de Enero”, o novo artista Navarro presentounos o seu característico estilo indie e folk. Doce temas que deron paso ao cabeza de cartel.

Cunhas boas noites Sanxenxo ás 22:45 arrincaba Andrés Calamaro o seu conciero no Costa feira 2024 demostrando a parte de complicidade que non é tan difícil dicilo.

Moi ben acompañado polos seus inseparables, German Wiedemer (piano), Andrés Litwin (batería), Julian Kanevsky (Guitarra), Mariano Dominguez (Baixo) , Brian Figueroa (guitarra). Un Calamaro un pouco máis falador do habitual tróuxonos a Sanxenxo a súa xira “Agenda 1999”
Con mencións ás súas pasadas visitas por Galicia, Andres contou anécdotas dos seus concertos cunha gran complexidade co publico de COSTA FEIRA e fixo mencións ao día do Apóstolo Santiago.
O Arxentino nun fabuloso estado de forma non parou de facer referencias aos lazos de unión de Galicia e Arxentina, “en Galicia podedes dicir que sodes campións de América e campións de Europa, Galicia e Arxentina somos un e compartimos os mesmos cores na bandeira”

E tema tras tema cun publico completamente entregado varias veces fixérono calar polos vitores do respectable que non deixaban de corear o seu nome, ou o de “o gran Maradona” cando Calamaro cantou a súa canción.
Un repertorio de máis de hora e media onde non faltaron clasicos como “Flaca” “Te Quiero” ou “ La parte de Adelante” e que nos pechou con “Los Chicos” con todo o recinto a un tempo co “Lolololo, lololo, lolo” e pedindo que non se acabase nunca.

A noite pechámola con Dj Mena ,cunha picada de grades clásicos como el só sabe facer, e Dj Baroja continuaron a festa no escenario Bula.
