Amanda Seibiel presenta «La chica del Bronx» no seu Rianxo natal.

A rianxeira Amanda Seibiel escritora afincada en Alacante, aproveitou a súa estancia na súa localidade natal para presentar o seu novo libro “La chica del Bronx” ao coincidir coa feira do libro de Rianxo.


En colaboración coa Libraría Nobel de Boiro – A Libraría de Rosa que a animou para facer esta presentación e que esa presentación fose acompañada por unha firma de libros, puidemos achegarnos a Rianxo e coñecela persoalmente.


Despois dun pequeno parón a escritora volve con “La chica del Bronx”, unha novela ambientada no carismático e difícil barrio de Nova York, cunha novela sobre a mafia e o amor, un thriller que che engancha desde o primeiro momento. Sloane é unha moza que traballa como guía turística e verase envolvida nunha historia de paixón, traizón, lealdade e poder.


O libro viu a luz o pasado 3 de Xuño en exclusiva en Amazon e que foi proposto pola escritora, para ser Premio Literario Amazon 2025.


A presentación do libro a escritora animouse a facela en Galego, foi un acto sinxelo e moi emotivo, Amanda dedicoulla a Elena, unha lectora que a segue desde sempre e que se achegou a coñecer á súa escritora favorita persoalmente e coa que Amanda quixo demostrar o agarimo e a proximidade que ten, así como con todas as persoas que se achegaron á firma de libros.

About The Author

Por Solirock

15 comentario sobre «Amanda Seibiel presenta «La chica del Bronx» no seu Rianxo natal.»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo