A Candeloria alonga a temporada de festivais en Lugo ata novembro con “Pista Extra”

Concertos de Non Servium, El Drogas ou Def Con Dos

O festival de rock, ska, rap e punk presenta unha noite de festa no Pazo das Feiras e Congresos de Lugo o 30 de novembro con máis de media ducia de concertos

“Pista Extra” conta xa con máis do 60%  das entradas vendidas, que se poden adquirir na páxina web do festival acandeloria.org

O festival A Candeloria, que celebrou o seu décimo aniversario o pasado mes de marzo, anuncia unha nova noite de concertos para o mes de novembro. A “Pista Extra” será o primeiro festival en Lugo case no inverno, desestacionalizando a temporada de grandes eventos: “Nesta data non hai moita programación musical e queremos colaborar co tecido cultural lucense cunha programación que segue o estilo de A Candeloria, cos mesmos valores”, explica Manu Fernández, director do festival.  Unha programación coa que Lugo será o centro da música rock, ska, rap ou punk no noroeste da península, que espera xuntar ás 3.500 persoas que encheron durante a última edición de A Candeloria o Pazo das Feiras e Congresos de Lugo. O aforo xa conta co 60% das entradas vendidas.

30 de novembro “Pista Extra” presentará unha proposta formada por grupos de rock, ska, rap ou punk que segue a estela de A Candeloria, entre os que destacan El Drogas ou  Non Servium, a banda de Móstoles xa pisou Lugo en 2018 e volven agora a presentar o tour Criatura. Ademáis, “Pista Extra” será palco de despedidas, nesta ocasión a banda Def Con Dos elixe Galicia para dar o seu último concerto da xira “Mutantes pal Pueblo”, na que repasan as cancións máis emblemáticas dos máis de 30 anos de traxectoria da banda. A nivel internacional chegará á cidade Banda Bassotti, grupo italiano de ska punk, unha das grandes bandas do xénero no seu país. Completan o cartaz os galegos Familia Caamagno; o dúo valenciano Machete en Boca; a banda Ruxe Ruxe; a “brass band” feminina Brassica Rapa e o Dj Jordi Pánico.


As entradas pódense adquirir na páxina web do festival acandeloria.org

About The Author

Por Solirock

Deja una respuesta

Descubre más desde Turismo Verde de Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo